Tal e como explicou, a vontade do Concello de rexenerar ao completo a vía ‘é total’ e así se lle vai trasladar ós veciños/as. Mais a limitación que hai actualmente para actuar ten que ver coa cuestión da titularidade, pois esta é autonómica en preto dun terzo do vial.
Esta situación anómala, parte da época na que as obras da #autovía (de titularidade autonómica) AG-64 levaron á Xunta de Galicia a expropiar parte do vial para a construcción da Ponte, sen que posteriormente Concello e Xunta o regularizaran a fin de efectuar o necesario mantemento.
É por isto que, pola vía dun informe técnico encargado pola área de Urbanismo, o Concello tomou a decisión de solicitar formalmente á Xunta a titularidade deste tramo, a fin de poder actuar o máis axiña posible sobre o vial no seu conxunto e dar así cumprimento á demandas dos veciños/as dun dos barrios máis poboados da parroquia.