Trabada, 30 de xaneiro, 2025. A Asociación de Veciños San Julián de Sante organiza un curso de poda para este sábado 1 de febreiro que se desenvolverá no Teleclub de Sante en horario de 9:00 a 19:00 horas. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita.
A programación inclúe tres cursos sobre:
-Poda, para aprender a preparar as árbores dende o inicio.
-Enxerto, para mellorar o desenvolvemento das árbores unha vez xerminen.
-Apicultura, fundamental para a polinización das árbores e a sustentabilidade do proceso.
Está previsto que este círculo frutícola se peche en xuño cun curso de elaboración de marmeladas, permitindo aproveitar ao máximo os froitos cultivados.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de apoiar este tipo de actividades impulsadas polas asociacións locais, xa que contribúen a dinamizar o concello e ampliar a oferta cultural e formativa. Así mesmo, reiterou o compromiso do Concello de Trabada en seguir colaborando nas iniciativas dos colectivos culturais e deportivos que dinamizan o municipio e fomentan a aprendizaxe en diferentes áreas de interese.