Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela amosa o seu máis sentido pésame polo pasamento de Ángel Fernández Acción, xuíz de paz da vila.

Burela, 30 de xaneiro, 2025. Durante 20 anos, foi o coordinador de Seguridade Marítima na Capitanía de Burela.

“Deixa unha fonda pegada entre todas as persoas que o coñeceron, polo que enviamos unha agarimosa aperta á súa familia e os seus achegados”.

“Hoxe é un día triste para Burela. Queremos expresar o noso máis fondo pesar polo falecemento do noso Xuíz de Paz, Ángel Fernández Acción, unha figura fundamental na vida institucional e social do noso municipio. Durante anos, desempeñou o seu cargo con responsabilidade, proximidade e vocación de servizo, sendo un punto de referencia na resolución de conflitos e na defensa da convivencia. Desde o Concello de Burela, trasladamos as nosas condolencias á súa familia, amizades e a toda a veciñanza que hoxe sente a súa perda”, asegura a alcaldesa, Carmela López.

Hoxe gardarase un minuto de silencio no pleno municipal

DEP

Exit mobile version