Jonydasvie, que xa fora preseleccionado por San Marino no ano 2023, explica os motivos polos que decidiu optar outra vez a representar a ese estado en Eurovisión: “decidín presentarme de novo xa que en España non hai oportunidade e na vez anterior tratáronme moi ben en San Marino. Ademais agora tiña creadas dúas cancións perfectas para a ocasión, envieinas e fun seleccionado de novo. Son dúas propostas moi fortes, no meu estilo, electrónico, nas cales estarei acompañado por unhas grandes profesionais da danza”.
O cantante laurentino comenta que a selección para representar a San Marino en Eurovisión “é diferente porque os participantes que non vivimos en Italia temos a oportunidade de facer esta fase dende o noso país. No meu caso este xoves, 23 de xaneiro, farei a actuación desde un estudo de vídeo e gravación da Coruña e estarase emitindo en directo para o xurado do festival de San Marino. Estou na fase previa á semifinal, o quere dicir que nun mes poderíamos estar en San Marino pelexando por ter un posto na final e poder representar a ese país en Eurovisión”.