Instan tamén á Xunta a que aporte máis ao SAF
O Plan Deputación de Cooperación a Concellos para o Vicedo. Unha oportunidade para acometer o arranxo de viais
Argumentan os nacionalistas que o pasado 27 de decembro aprobouse no pleno provincial o Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025, un plan que consta de 9 programas e entre eles destaca o de investimentos, aos que os concellos tenen que dedicar o 50% como mínimo do Plan. O concello de O Vicedo vai percibir neste plan 261.225,39€ e o BNG propón na súa moción que se incluan no mesmo os arranxos, reparación e mellora da estradas de TralaVeiga, desde a LU-P6406 ata o lugar do Esquizo dunha lonxitude de 2,3 km, a estrada á Fradería, desde Serra, que son 1,1 km. e o vial da Forqueta, que son 150m. “Son un total de 3,5 km que necesitan unha urxente actuación, e debe aproveitarse esta oportunidade na que a Deputación de Lugo destina unha importante cantidade ao noso concello” afirmou Miguel Gómez.
Melloras na sinalización
Así mesmo e no referido a viais, demanda tamén a mellora na sinalización dos mesmos, que agora mesmo é bastante deficiente e son necesários sinais de perigo, (estreitamento, animais ceibos….) e tamén sinais cos nomes para a identificación dos núcleos de poboación, pois moitas veces a ausencia deles crea problemas nos repartos.
Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A Xunta debe aportar máis
“Outro dos temas que preocupan á veciñanza e o Servizo de Axuda no Fogar, pois temos unha poboación donde o índice de avellentamento medra e o custe para o noso concello é moi alto, polo que propoñemos que a Xunta de Galicia aumente a súa aportación aos concellos, subindo de 12 a 20€ o financiamento do mesmo, evitando así unha carga para os concellos e para as familias” manifestou o edil nacionalista, incidindo na proposta que o BNG anunciou en días pasados para levar ao Parlamento, dado que é un servizo esencial e as persoas maiores tenen dereito a pasar esta etapa vital nas súas casas e cos coidados que necesiten.
Segunda praza de médico no Centro de Saúde sen cubrir
Os temas sociosanitarios son os que máis están afectando á poboación vicedense e por eso o concelleiro nacionalista preguntará tamén neste pleno cantas veciñas e veciños hai en lista de espera para o SAF e preguntará tamén pola situación na que se encontra o Centro de Día. Así mesmo esixirá da alcaldía que confirme cando se vai cubrir a segunda praza de médico no centro de saúde, motivo polo que os e as vicedenses se manifestan todos os meses e como fixeron este pasado domingo.