Mala xestión dos recursos públicos
A xestión destes cartos, resulta aínda máis alarmante se se tén en conta que o Partido Popular de Cervo pechou recentemente o Grupo Municipal de Emerxencias, formado por 12 profesionais de alta cualificación, cuxo traballo foi vital para a seguridade e o benestar de todos os habitantes do concello. Este recorte, sen xustificación algunha, demostra claramente cales son as verdadeiras prioridades deste goberno municipal: o gasto en festas e eventos, ao tempo que recorta en servizos esenciais para a comunidade. “Ante situacións deste tipo o goberno municipal debe priorizar, e tén que priorizar lóxicamente os servizos esenciais que se teñen que prestar á veciñanza” aseguran os nacionalistas.
Diego Fernández, portavoz do G.M do BNG en Cervo, afirmou que “non é de recibo que o goberno do Partido Popular antepoña o gasto en actos festivos á seguridade dos nosos veciños. O peche do Grupo de Emerxencias é un claro exemplo de como este goberno non tén como prioridade o benestar dos cervenses, senón a propaganda da súa mala xestión a través de actuacións que pouco contribúen ao desenvolvemento real do municipio”.
Reorientar as políticas de gasto para mellorar a calidade de vida dos veciños
Dende o BNG esixen que se reorienten as políticas de gasto e que os cartos públicos se destinen ao verdadeiramente urxente e necesario: aumentar a seguridade e mellorar os servizos públicos. Non se pode permitir que o goberno municipal gaste miles de euros en carpas e outros actos festivos, mentres recortamos servizos que repercuten realmente na calidade de vida dos nosos veciños.
“Cervo necesita un goberno que traballe por e para as persoas, que aposte pola xestión responsable e que antepoña as necesidades dos cidadáns por riba dos intereses partidistas”, concluíron.