A campaña “Viveiro adiante” destaca non só os logros acadados, senón tamén o traballo constante do BNG para mellorar a vida da veciñanza. A formación lanzou un boletín informativo que chegará aos domicilios, no que se detallan os avances conseguidos neste curto espazo de tempo. Mentres outros grupos políticos continuan en reunións ou de rifi e rafe na prensa, Míriam Bermúdez destacou a súa capacidade de xestión, unha voceira diferenciadora que soubo poñer en marcha proxectos clave para a vila para poñer Viveiro a funcionar.
Entre as accións máis destacadas, cabe mencionar as melloras no servizo de xestión de residuos, como as obras de ampliación e mellorado do Punto Limpo, que xa nas primeiras semanas vimos como xa puidemos facer desaparecer puntos incontrolados de residuos como o do Pedregal ou o das Nogueiras, así como seguir coa mellora na xestión ambiental e de limpeza na vila.
Tamén se destaca a apertura e continuidade de cinco aseos públicos abertos todo o ano, que se limpan dúas veces ao día para garantir a súa boa utilizaciónos cales son o do monte San Roque, templete da música, hórreo de Xunqueira, parrillada do parque e o parque infantil do paseo de Covas. Sen dúbida, unha medida que mellora a calidade de vida dos veciños e visitantes.
A mellora na accesibilidade tamén está sendo un dos piares principais do BNG, como se demostra co recente elabortado Plan de Accesibilidade. Un novedoso Plan para Viveiro que non só permite visualizar as futuras melloras nas infraestruturas, senón que tamén abre a porta a acceder a fondos, saber a financiación que se necesita para cada cometido e un orde e planificación con prioridades que se sumarán ás xa realizados como nos accesos ao parque Pernas Peón e os seus aseos, as novas rampas como as que se fixeron nas inmediacións da Porta da Vila e a eliminacións de obstáculos sobetodo en rúas de ancho reducido. Grandes e pequenos cambios que están a facilitar a mobilidade de todas as persoas.
Un dos logros máis aplaudidos foi a renovación e mellora dalgunhas infraestruturas viarias, como a histórica demanda do asfaltado da variante, fronte ao Froiz. Unha obra que parecía imposible debido ás confusións entre titulares das propiedades, despois de máis de 10 anos foi executada en menos dun polo BNG. Tamén se completaron asfaltos completos en Fontecova, varios kms en Escourido, na avenida de Ferrol o formigonado de entrada e paso de peóns onde se atopa o bar A Variante e puntuais melloras en Galdo, Chavín, Pallaregas, etc.
O BNG indica que, a pesar de todo o traballo realizado, aínda queda moito por facer: “Levamos apenas un ano e medio no goberno e ninguén pode dicir que estiveramos parados. Pero hai moito pendente que estaba paralizado, acabamos de entrar como quen di e estamos a traballar para levalos todos a cabo de maneira correcta. Só pedimos un pouco de paciencia, pois as obras requiren de financiamento e tempo, sobretodo cando estamos comprometidos en que unha vez que se fan as cousas, facelas ben para evitar problemas futuros e garantir a súa durabilidade”, comentou Míriam Bermúdez.
A situación de lugares como a do Pombal, que require un asfalto completo ou o do barrio do Conexo en Covas, onde as obras son especialmente complexas e caras, é un claro exemplo deste enfoque. Estamos conseguindo os fondos necesarios para acometer esta obra de gran envergadura pois require a retirada do asfalto vello e a instalación dunha nova capa, co obxectivo de evitar futuras inundacións nas vivendas e problemas coas tapas do alcantarillado para que non queden moi baixas como xa pasou en anteriormente.
“Desde a Tenencia de Alcaldía vamos seguir traballando para que as melloras sexan sostibles e duradeiras e para que todas as obras sexan realmente útiles. Mentres outros só bsucan o rifi e rafe, nós vamos a continuar con paso firme para que “Viveiro siga adiante” concluíu Míriam Bermúdez