“Así goberna calquera, a golpe de ocurrencias e declaracións para a galería. Pero a realidade é que os tabiques, a obra non se levantan laretando, nin por moita nota de prensa que se publique ou visitas e paseos triunfais reproducidos en vídeos aproveitando un cachiño de obra preparado para a ocasión. Gobernar é outra cousa. É compromiso e honestidade. Algo que cada vez lle queda máis lonxe e máis grande a este goberno local do PP”.
“Namentres, as familias das persoas desprazadas a outras residencias ven como se esgotan os prazos de execución e os usuarios e usuarias do Hospital Asilo contemplan o paso do tempo con máis desesperación polas promesas incumpridas de Daniel Vega. Cada vez quédalles máis lonxe volver á que foi a súa casa durante moitos anos. E todo pola incompetencia dun individuo cada vez máis prepotente e máis incontrolado no gasto”.
Por todo isto, “vemos complicado que a obra chegue a rematarse no presente ano”.