Ribadeo, 3 de xaneiro de 2025. Música, teatro e a cabalgata de reis son algunhas das propostas desta fin de semana en Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, conta que “nestes últimos días do Nadal aínda nos queda moito que desfrutar. Hoxe ás catro e media da tarde no auditorio teremos o musical Tadeo Jones: la tabla esmeralda. Mañá, sábado, ás sete da tarde en Pedro Murias poderemos asistir á representación da obra A presa do grupo humorístico Trípode. Despois ás nove menos cuarto teremos o concerto de reis na igrexa parroquial. Manoele de Felisa estará acompañado pola Coral Polifónica de Ribadeo e o Coro Sagrado Corazón. E case rematando o día, ás 23:59 na carpa do parque terá lugar o Xara Ano Novo”.
A edil ribadense engade que “o domingo, 5 de xaneiro, recibiremos ás súas Maxestades de Oriente ás seis da tarde na cabalgata, que fará o percorrido habitual rematando na Casa do Concello. A saída será desde as inmediacións do parque de San Francisco”.