O Ministerio de Industria e Turismo xa anunciou que aumentará a axuda á compensación de emisións de CO2 ata os 600 millóns de euros este ano
O MoU recolle o interese das partes en colaborar xunto cos traballadores da planta para lograr a estabilidade das operacións, dando prioridade á reactivación das instalacións de aluminio.
Ademais, acórdase axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovables para lograr custos enerxéticos competitivos. Establécese como prioritario aumentar as axudas ás emisións de CO2. O Ministerio de Industria e Turismo xa anunciou a finais do ano pasado que en 2025 aumentarase esta partida orzamentaria ata os 600 millóns de euros.
Por último, a Xunta e o Goberno de España impulsarán as medidas necesarias para axilizar a autorización e posta en marcha dos proxectos de zonas de almacenamento de residuos que Alcoa está a promover no complexo industrial, que son necesarias para apoiar a continuidade da súa operación, no ámbito das súas respectivas competencias.