A xornada, que tivo lugar o domingo 12 de xaneiro en San Cosme, contou cunha andaina de 9 km na que participaron 87 persoas, e distintas carreiras infantís antes da proba absoluta de 8 km. A elevada participación, 329 inscricións, fixeron que fose a cifra máis alta da historia da carreira.
A xornada transcorreu cun ambiente de deportividade e solidariedade no centro da vila, ao que se achegaron participantes, acompañantes e veciñanza.
O Concello de Barreiros agradece a colaboración a quen, dunha forma ou outra, puxo o gran de area para que este evento deportivo e social puidese levarse a cabo, en especial, a todas as persoas que fixeron doazón no momento da inscrición e ás entidades patrocinadoras e asociacións colaboradoras.