Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha placa e un ramo de flores. A alcaldesa afirma que “é un privilexio ter no noso concello persoas con tanta experiencia na vida”. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
Josefa Vivero Lorenzo celebrou este sábado o seu 100 aniversario rodeada da súa familia en Mor, Alfoz