Viveiro, 29 de xaneiro de 2025. O xurado do III concurso de composición de marchas procesionais ‘Blas García Liz’ decidiu, entre as catorce marchas presentadas nesta edición, que o gañador é José Manuel Barbosa Maciel, natural de Vila da Maia (Portugal) coa súa marcha ‘In horto olivarum’.
As obras procedían de once provincias españolas: Alacante, Castellón, Lugo, Madrid, Málaga, Murcia, Pontevedra, Tarragona, Toledo, Valencia e Zaragoza; e a gañadora de Portugal (O Porto).
O xurado, formado por David Rivas, Fernando Buide e David Fiúza, destaca “a gran calidade dos traballos presentados, así como o valor patrimonial da construción dunha nova identidade sonora creada por e para a Semana Santa viveirense”.
A marcha será presentada o sábado 5 de abril pola Banda de Música ‘O Landro’ de Viveiro, no marco da súa participación no ciclo Adral.
“Este concurso da continuidade a unha tradición de Viveiro e serve ademais para honrar a memoria de Blas García Liz”, asegura o concelleiro Jesús Fernández.
‘In horto olivarum’ é un notable traballo musical que destaca polo discurso do material fluído dentro dunha estructura clásica e tradicional, cun estilo compositivo apropiado.
A instrumentación empregada con criterios tímbricos interesantes e creativos, texturas equilibradas e acompañamentos dinámicos ao servizo da melodía. O desenvolvemento melódico é de grande interese con líneas contrapuntísticas ben traballadas e estruturadas.