Sábado moi animado no local social de Lieiro da man do Dúo Dilema que portagonizaron un novo Guateque de Arruguiñas coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro.
Guateque Arruguiñas
O operativo policial iniciouse o pasado sábado cando, tras levar a cabo a identificación do presunto autor por unha requisitoria xudicial en vigor de detención, comparecencia e ingreso en centro penal por un delito polo que fora condenado con anterioridade, procedeuse á aprehensión duns 200 gramos de suposta cocaína, uns 700 gramos de suposto haxix, unha báscula de precisión e uns plásticos utilizados para a confección de envoltorios para distribución e venda polo miúdo de substancias estupefacientes. As dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo e a persoa detida ingresou no centro penal de Bonxe.
Sábado moi animado no local social de Lieiro da man do Dúo Dilema que portagonizaron un novo Guateque de Arruguiñas coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro.
Sucedeu ás 06:30 horas deste domingo na Avenida de Arcadio Pardiñas, o forte vento desprendeu varias chapas dun tellado que acabaron sobre as vías do tren, facéndoas intransitables. A circulación ferroviaria foi interrompida no tramo afectado, aínda que non estaba prevista ningunha circulación ata máis avanzada a mañá. Para atender esta emerxencia, desde o 112 Galicia mobilizáronse os Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección.
Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha placa e un ramo de flores. A alcaldesa afirma que “é un privilexio ter no noso concello persoas con tanta experiencia na vida”. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
Houbo misa, sesión vermú, xantar, bingo, xogos, sorteos e sorpresas. A carón da veciñas e dos veciños, no pavillón polideportivo de Cubelas, estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo. O rexedor tivo palabras de agradecemento para a asociación organizadora polo traballo realizado.
No seu domicilio de Reinante celebrouno a carón do seu fillo con doce conmemorativo preparado para a ocasión. Dora García come de todo, segundo conta José Manuel, o seu fillo, e pasa o día na casa lendo o periódico e algunha revista, vendo a televisión, e recibindo a visita de amizades e veciños que se achegan vela e a charlar con ela. Arredor da mesa comparten conversas e café. Dora goza de boa saúde e dunha mente privilexiada. Nada en Lugo, leva moitos anos vivindo en Reinante, a terra do seu home.
Será dentro do programa de difusión cultural ADRAL, que promove a Xunta de Confrarías da Semana Santa. A cita será ás 20.30 h. Entradas en ATAQUILLA e venda física na Oficina de Turismo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital