A Mariña, 17 de xaneiro de 2025. A campaña solidaria de recollida de libros, coordinada por BXL Celanova, e na que colaboraron clubs da Mariña luguesa, cómo Iberia C.F, de San Miguel, e Celtas de Foz, e tamén ourensáns, como CB Allariz e AB Xinzo, foi todo un éxito.
Os exemplares recollidos foron enviados ao Concello de Paiporta, grazas á mediación que fixo o Concello de Celanova con Correos, para tramitar o transporte. En próximas datas realizarase un segundo envío en material co importe do recadado coa venta do Fotopoema solidario.