O acto, que contou coa participación de diversas personalidades e un público interesado no dinamismo da comarca, foi o marco ideal para mostrar o orgullo e a tradición que rodea a esta feira. Os asistentes puideron coñecer os detalles desta edición tan especial, que terá lugar en Vegadeo do 6 ao 8 de xuño de 2025. Ademais houbo unha degustación de produtos agroalimentarios únicos da comarca Oscos-Eo, un reflejo da riqueza e autenticidade da rexión.
Durante o acto, o alcalde de Vegadeo, César Álvarez, destacou a importancia deste evento como símbolo de unión, tradición e innovación: “La Silvallana es mucho más que una feria: es un lugar de encuentro, de intercambio y de oportunidades”.
Así mesmo, valorou o compromiso do municipio coa innovación e o desenvolvemento rural: “Vegadeo está preparado para seguir liderando, desde el rural, un modelo de desarrollo que inspire y transforme”.
O alcalde agradeceu por estar “rodeado de tanto ADN veigueño y de tantos que han querido estar acompañándonos en este momento tan importante para nosotros. La Silvallana es de todos, por consiguiente, este año tenemos que trabajar para que sea el gran reencuentro y la primera oportunidad, como coorganizadores, para adaptarnos a las nuevas exigencias del mercado”.
Tamén se anunciou que esta mesma presentación trasladarase o vindeiro venres, 24 de xaneiro, ás 14:10h, á caseta de Asturias en FITUR 2025, onde Vegadeo volverá ser protagonista dando a coñecer a súa querida Feira de Mostras.
Cunha excelente acollida, este avance marca o inicio dunha serie de actividades que culminará en xuño cunha feira que promete ser un punto de encontro entre tradición, innovación e o orgullo de toda a comarca.
Desde o Concello de Vegadeo agradécese a todos os asistentes e colaboradores o seu apoio neste día tan especial.