Site icon Crónica3.com A Mariña

Euroarce afirma que realiza a súa actividade mineira sen afectar o patrimonio cultural en Foz

Dous estudos arqueolóxicos intensivos aseguran que non hai vestixios identificables

Foz, 29 de xaneiro, 2025. Mina Begoña é unha concesión de explotación de caolines operada por Euroarce Caolines desde 2020 no termo municipal de Foz que está activa desde hai décadas e que conta con todas as licenzas, permisos e autorizacións necesarias.

Nos últimos anos foron extraído desta mina caolines expedidos vía marítima (Ribadeo) durante distintas campañas.

Dentro do espazo da concesión de Mina Begoña, nunha zona sen explotar, creouse en 2018 un perímetro de protección cultural definido polo Plan Xeral de Ordenación Municipal coa denominación ‘Explotación mineira da Espiñeira’.

Co obxecto de delimitar a súa área de influencia, en 2022 Euroarce Caolines encargoou a un perito experto a prospección e análisis arqueolóxico do terreo coa supervisión e autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Lugo).

O informe concluiu que “no se han encontrado elementos de Patrimonio Cultural de interés en las zonas localizadas al Este, Sur y Oeste de la explotación, quedando en duda las zonas al Norte debido al elevado grado de vegetación existente”.

Posteriormente, xa no anno 2024 e igualmente, de forma voluntaria por parte de Euroarce Caolines, procédese a solicitar un novo proxecto de prospección arqueolóxica para unha zona limítrofe coa actual explotación para verificar as dúbidas que a anterior prospección arqueolóxica non despexara.

Tras a prospección realizada confírmase que na zona estudada “no se han encontrado vestigios mineros y culturales antiguos” e por tanto a zona onde se pretende realizar os labores de explotación é “totalmente compatible con el Patrimonio Cultural” contando con resolución favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de finais de 2024.

Desta maneira, testemúñase con dous estudos arqueolóxicos intensivos, validados pola administración, que Euroarce Caolines realiza e realizou a súa actividade extractiva sen afectar ao perímetro de protección de Patrimonio Cultural en Mina Begoña (Foz).

Exit mobile version