Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres 17 de xaneiro, ás 19,30h, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, vaise presentar a novela “Entre a vontade e o destino” (segunda parte da súa triloxía “Banu Marwán: a estirpe do galego”) de Xosé Henrique Costas

O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza. Presentará ao autor Suso Fernández Acevedo (profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo). Nesta segunda entrega, Marwán, fillo de Ianes O Galego, comeza unha nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade adoito insubmisa e levantadiza contra o poder de Córdoba.

Exit mobile version