Site icon Crónica3.com A Mariña

Esperanza colocará o este luns dúas mesas informativas en Burela para sensibilizar á poboación na loita contra o cancro

Burela, 31 de xaneiro de 2025. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro colocará o vindeiro luns, día 3, e con motivo do Día Mundial de loita contra o cancro que ten lugar o día 4, dúas mesas informativas para atender as peticións de información sobre a enfermidade, sobre o funcionamento da propia asociación e as actividades que realiza e tamén para explicar a que tipo de entidades realiza aportacións económicas o colectivo. Asimismo, recolleranse os donativos que a veciñanza desexe facer. As mesas estarán colocadas nos lugares de costume, no Hospital da Mariña, preto da entrada á cafetería, e outra no Centro de Saúde de Burela.

A finalidade da colocación das mesas é continuar a sensibilizar á veciñanza sobre a dureza do cancro e a necesidade de que o conxunto da poboación se implique, do xeito que mellor considere, na investigación científica e médica, na prevención e no apoio ás persoas que sofren a enfermidade e ás súas familias.

Esperanza considera que nos últimos anos o grao de implicación da sociedade foi en aumento, que se leva andado unha parte do camiño na loita contra a enfermidade, pero que o camiño da loita contra o cancro ainda será longo e moitas veces dificultoso. Por iso pídelle á cidadanía que o vindeiro luns se achegue ás mesas de Esperanza para informarse, pero que faiga da loita contra o cancro un obxectivo personal permanente.

CONCERTO

Esperanza lembra que o sábado día 8 celebrarase un concerto para recadar fondos contra o cancro na Casa da Cultura, ás oito da tarde, coa participación do grupo de cantareiras Grilleiras, da S. C. Ledicia, Diavolinos e Basquiat. O custo da entrada é de cinco euros.

Exit mobile version