Burela, 1 Xaneiro, 2025. Os excarcerados eran un de cada vehículo.
O 112 Galicia recibiu a primeira chamada que informaba deste accidente un cuarto de hora antes das 19:00. Segundo o que indicaron os alertadores, varios de eles implicados, dous vehículos colidiran no quilómetro 9 da LU-115 ao seu paso por Arcos. A colisión deixara tanto feridos como atrapados nos turismos involucrados.
Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso tanto ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender aos feridos, como aos Bombeiros de Vilalba e o GES de Friol para liberaren as persoas atrapadas no interior dos coches. Tamén se informou á Garda Civil de Tráfico.
A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar a dúas persoas, unha de cada coche, aínda que só unha estaba ferida, a cal foi trasladada en ambulancia.