Daniel García felicitou “ao club por unha traxectoria ascendente, con deportistas nos podios de campionatos galegos e estatais” e valorou “o esforzo que supón para o club e as familias soster a actividade competitiva nunha disciplina que ten condicionantes específicos polo custo do equipamento e os desprazamentos”.
Nese sentido, explicou que “desde a área de Mocidade tratamos de apoiar ese esforzo colectivo ao longo dos últimos anos” complementando a forte aposta polo piragüismo que se fai desde a institución provincial con recursos económicos, formativos e investimentos.
A área de Mocidade colaborou nos últimos anos co CP Altruán na adquisición de equipamento e unha furgoneta. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiou tamén a reforma integral do hangar de piragüismo de Ribadeo.