Site icon Crónica3.com A Mariña

Castiñeira: “Cajoto confirmou no pleno que a rúa Corporacións Municipais será de un único sentido”

“Pedímoslle a Cajoto que rectifique, que escoita á veciñanza, empresarios e profesionais e que avalíe as consecuencias desta medida”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira

Foz, 31 de xaneiro de 2025. O Partido Popular de Foz lamenta que Cajoto confirmara no pleno celebrado onte que a rúa Corporacións Municipais será de un único sentido. Fixeron falta dúas preguntas, unha do PP e outra do BNG, para que o goberno municipal do PSOE afirmara a súa decisión de cambiar a un sentido ascendente o tráfico desta rúa pese ás 500 sinaturas de veciños reclamando que non se fixera e á postura contraria de profesionais do tráfico e da propia Policía Local, que non ven por ningún lado os beneficios do cambio.

Ás dúbidas dos grupos da oposición e de centos de afectados, únese a propia do señor Cajoto que foi o primeiro en recoñecer que non se farán obras de ampliación das beirarrúas por se hai que cambiar de novo a dous sentidos a dirección da rúa Corporacións, algo que aos populares lles parece “aínda máis indignante e patético xa que demostra que o único motivo do cambio é a terquedade do que manda, igual que pasou con outros asuntos municipais”.

“Pedímoslle a Cajoto que rectifique e, agora que el mesmo mostra dúbidas do cambio, debería escoitar á veciñanza, empresarios e profesionais e avaliar as consecuencias desta medida xa que Foz, coas decisións adoptadas anteriormente no barrio das Casas Baratas, quedou cortado en dúas metades e, claramente, o pobo empeorou no tráfico dende que Cajoto é alcalde”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.

Exit mobile version