Viveiro, 8 de xaneiro de 2025. O BNG de Viveiro, que continúa con Miriam Bermúdez como Voceira Municipal, renova a executiva con Beatriz Lage como nova Responsábel Local na asamblea celebrada o pasado 7 de xaneiro de 2025.
A nova estrutura orgánica queda conformada do seguinte xeito:
Responsábel Local: Beatriz Lage Cao
Vicerresponsábel Local: Iria Cotelo Cociña.
Secretario e Responsábel de finanzas: J. Ramón Martínez Castro
Responsábel de Organización: Santiago López Chao
Voceira Municipal e Responsábel de comunicación: Míriam Bermúdez García
Iria Cotelo, que pasa a ser Vicerresponsábel, expresou o seu agradecemento polo apoio recibido durante esta etapa e animou a Beatriz Lage a continuar traballando con entusiasmo en prol dos intereses de Viveiro.
Pola súa banda, Míriam Bermúdez, portavoz municipal e primeira tenenta de alcaldesa, destacou a importancia da participación cidadá e animou ás veciñas e veciños a unirse ás asembleas do BNG, subliñando que a implicación de todas e todos é fundamental para construír un Viveiro mellor.
Ramón Martínez, concelleiro de Medio Rural e Tesoureiro do BNG de Viveiro, valorou positivamente o traballo realizado na asemblea, resaltando a cohesión e o compromiso do equipo para afrontar os retos futuros do municipio.
A incorporación de Beatriz Lage como Responsábel Local é valorada moi positivamente pola organización, destacando a súa traxectoria e compromiso coas causas sociais e medioambientais de Viveiro.
No ámbito comarcal, tras a renovación do Consello Comarcal do BNG na Mariña, destaca a elección de Iria Cotelo como nova vice-responsable comarcal. Ademais, Cotelo pasará nos vindeiros días a formar parte do Consello Nacional do BNG. Por outra banda, Miriam Bermúdez García continuará formando parte da Executiva Comarcal e Juan Ramón Martínez Castro manterá o seu posto como membro do Consello Comarcal.
O BNG de Viveiro fai un chamamento á participación activa da cidadanía e reitera o seu compromiso coa defensa dos valores nacionalistas e a promoción do benestar social na localidade.