Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros conta cunha nova centenaria, Dora García Fernández

No seu domicilio de Reinante celebrouno a carón do seu fillo con doce conmemorativo preparado para a ocasión. Dora García come de todo, segundo conta José Manuel, o seu fillo, e pasa o día na casa lendo o periódico e algunha revista, vendo a televisión, e recibindo a visita de amizades e veciños que se achegan vela e a charlar con ela. Arredor da mesa comparten conversas e café. Dora goza de boa saúde e dunha mente privilexiada. Nada en Lugo, leva moitos anos vivindo en Reinante, a terra do seu home.

Exit mobile version