No seu domicilio de Reinante celebrouno a carón do seu fillo con doce conmemorativo preparado para a ocasión. Dora García come de todo, segundo conta José Manuel, o seu fillo, e pasa o día na casa lendo o periódico e algunha revista, vendo a televisión, e recibindo a visita de amizades e veciños que se achegan vela e a charlar con ela. Arredor da mesa comparten conversas e café. Dora goza de boa saúde e dunha mente privilexiada. Nada en Lugo, leva moitos anos vivindo en Reinante, a terra do seu home.
Barreiros conta cunha nova centenaria, Dora García Fernández
Barreiros conta cunha nova centenaria, Dora García Fernández
Relacionado
-
Unha caseta dun quiosco de Viveiro foi arrastrada polos fortes ventos e impactou contra unha nai e a súa filla, que resultaron feridas con diversos traumatismos
-
Abrahan Cupeiro estará o 29 de marzo na Igrexa de San Francisco de Viveiro co espectáculo “O Son da Pedra”
-
A Mancomunidade ultima en Fitur o encontro ‘Naturewatch’, que se celebrará en marzo en Barreiros