Dominio do partido das burelenses aínda que con momentos de sufrimento, sobre todo durante os últimos minutos do encontro, nos que Caridad salva un penalti
Burela, 18 de xaneiro, 2025. Ás 16.00h desta tarde no pavillón municipal de Castro Ribeiras de Lea, celebrouse o derbi provincial da 17ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS, o FSF Castro Bloques Cando – CD Burela FS, cun resultado final 2-3. Dominio da primeira parte por parte do conxunto laranxa e máis sufrida a segunda na que as locais se achegan ao empate ao final do encontro.
Primeiros minutos moi igualados para os dous equipos, primeiros tiros a porta do conxunto local, o primeiro no primeiro minuto non atopa a portería e o segundo é desviado a córner pola porteira brasileira Ana Eliza. A piques de anotar Patricia o primeiro das mariñás no minuto 8, cun disparo dende a área que roza o pau tras un saque de esquina. Dominio do Burela os próximos minutos. Outra clarísima da yeclana no minuto 9, tamén dende a área, que remata unha boa xogada de estratexia tras o primeiro tempo morto, pero non atina entre os paus. Consegue o primeiro tanto o Castro no minuto 10, un gol de Laura Boix que remata dende a área un saque de banda. Falta perigosa ao bordo da área para o Castro no minuto 11 que resolve cunha boa xogada de estratexia que salva Ana Eliza co pé e case empata o Burela na seguinte xogada nunha prudente carreira pola banda da mellor xogadora do mundo que finaliza cun dispara á escuadra frustrado pola porteira e capitá do conxunto castrense, Area. Volve despexar un disparo cruzado de Dinha que volve buscar o empate no minuto 12. Zapatazo afastado de Antía Pérez no 14 que case entra pola escuadra pero que se marcha pola esquerda da portería local e outro parecido de Emilly que saca Area por encima da portería uns segundos despois. Consegue a nosa Máquina o empate no minuto 14 cun golazo case por toda a escuadra cun disparo cruzado espectacular e segundos máis tarde Dinha adianta o marcador cun potente disparo desde a frontal tras unha deixada de Cilene. Non consegue chegar o equipo local a portería rival no seu intento de conseguir o empate nos próximos minutos. Téntao Camila Costa no 18 cun disparo afastado que se vai pola dereita da portería de Ana Eliza. Clarísima ocasión no último minuto de Laura Boix que salva Ana Eliza despexándoa tras un cara a cara coa xogadora aragonesa tras un pase de Dani Sousa.
Na segunda parte Emilly dá un golpe na mesa xa no minuto 2 con outro golazo dende a frontal tras burlar á defensa castrense nunha bonita xogada individual. Volve tentalo a brasileira no 24 rozando a escuadra cun disparo afastado. Perdóaa Carolina Pedreira no 28 nunha boa transición protagonizando un cara a cara coa porteira local que despexa o balón. Salva Caridad, que defende os paus da portería visitante durante toda esta segunda parte, o 2-3, parando un penalti por unha derriba de Noelia Montoro a Dani Sousa no minuto 34. Presiona con xogo de cinco o conxunto de Chipi, con Jeni de porteira-xogadora, a 4 minutos do final. Consegue achegarse ao empate Anita Ontiveros que lla rouba a Cami empuxando o balón dentro da meta visitante, sentenciando o partido no minuto 37.
Continúan nosas Pícaras cultivando vitorias nesta tempada e manténdose nos primeiros postos da táboa, marcando distancias coas demais clasificadas xunto ao Torreblanca e Futsi. A semana que vén, sábado 25, enfrontaranse ao Nueces de Ronda Atlético Torcal ás 16.15h, noutra Tarde Laranxa na que posteriormente, ás 19.00h, os nosos Pícaros enfrontaranse ao Viña Albali Valdepeñas no seu último partido desta loitada e brillante primeira volta. Espérase gran asistencia nesta tarde de futsal en Burela.
Ficha Técnica FSF Castro Bloques Cando 2-3 CD Burela FS
FSF Castro Bloques Cando (2): Area (C); Jenny, Anita Ontiveros, Camila, Dani Sousa, –cinco inicial-, Jeni, Vero, Antía, Laura Boix, Dupuy, Julia Meiz. Entrenador: Chipi.
CD Burela FS (3): Ana Eliza; Cilene, Cami, Débora, Emilly – cinco inicial-, Dany (C), Dinha, Patricia, Antía Pérez, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Cris Lourés, Caridad. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 1-0, min.10: Laura Boix, 1-1, min.14: Emilly. 1-2, min.15: Dinha. 1-3, min.22: Emilly. 2-3, min.37: Anita Ontiveros.
Árbitros: Mayra Camila Araujo, Manuel Castro Fernández, Franco Álvaro Campagnoli, Santiago Modroño Liz.