Segundo indicou o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “no día de hoxe notificamos aos nosos socios e socias a convocatoria da asemblea xeral ordinaria correspondente o ano 2025, que terá lugar o 18 de febreiro no Cine Teatro de Ribadeo ás 20:00 horas en primeira convocatoria e 20:15 en segunda”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, engade “todos os socios recibiron o informe completo no que se detalla todo o contido da reunión. Quixera recordar a importancia de asistir a esta asemblea, non so para coñecer cal é a xestión realizada o ano pasado, se non para estar ao tanto das novidades que chegan neste 2025, e sobre todo, porque se trata do foro onde todos os asociados e asociadas poden dar a súa opinión e poden aportar ideas e suxestións”.
Os asuntos que se abordarán son: “a lectura e aprobación, se procede, das actas da asemblea xeral ordinaria celebrada o 27 de febreiro 2024; da asemblea do 19 de setembro de 2024 e da do 26 de novembro de 2024. O segundo punto será o exame e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio pasado, o de 2024. O terceiro punto, análise e valoración das actividades realizadas no pasado exercicio e o estado da asociación; o 4º punto, informe e aprobación, si procede, do orzamento ordinario para 2025 e calendario de actividades previstas, que podemos adiantar que ven con novidades con relación ao do pasado ano; 5º proposta de creación de comisiones sectoriais, 6º informe dos festivos e domingos de apertura en 2025 e ampliacións horarias e 7º rogos e preguntas”, engadiu Pérez Prada.
Cruzado Iglesias insistiu na importancia de asistir a esta asemblea xeral ordinaria: “este ano presentamos, tras a refundición da nosa entidade, a creación de comisións sectoriais, que pretenden ser grupos de traballo conformados por membros da directiva e con socias e socios voluntarios da asociación, que se queiran involucrar un pouco mais activamente, traballando en temas específicos de cada sector, e podendo facer suxestións á xunta directiva para mellorar os nosos servizos e actividades ou crealos novos. A intención é crear comisións de comercio, hostalería, hoteis e industria e poñelas en marcha ao longo das vindeiras semanas”.
O xerente sinalou que “nesta asemblea será sometido a aprobación o presuposto para 2025, que ascenderá arredor dos 175.000 euros, o que supón un incremento de ceca de 40.000 euros con respecto ao do ano pasado. Estamos a falar dun aumento de preto do 23%, que repercutirá nas actividades e servizos que Acisa ofrecerá aos negocios asociados”.