Site icon Crónica3.com A Mariña

AciaFozCCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña de San Valentín

Foz, 31 de xaneiro de 2025. AciaFozCCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña de San Valentín, que se desenvolve do 1 ao 14 de febreiro.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “na campaña de San Valentín poden participar todas as persoas que realicen compras por importes superiores a 10 euros do 1 ao 14 de febreiro. Nas tendas recibirán os boletos para o sorteo, que terá lugar o 17 de febreiro a través de Radio Foz”. E engade: “imos poñer en xogo 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un, para animar as vindeiras semanas nos negocios de Foz”. Os números premiados serán publicados nas redes sociais de AciaFozCCA e na páxina web: www.aciafozcca.com

Paleo anima “a facer as compras destas datas no comercio local, onde atoparemos todo o que precisamos para sorprender ás nosas parellas. Ademais poderemos celebralo tamén na hostalería local, onde nos agardan interesantes propostas para San Valentín”.

Na presentación da campaña de San Valentín participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, así coma directivos da asociación empresarial focense e empresarios locais. Tamén foi presentada a cartelería decorativa Isto é Foz, aquí hai Carnaval, foron entregados os premios aos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal e deuse a coñecer a nova colaboración de AciaFozCCA coa Asociación de Loita contra o Cancro, que consistirá no reparto de lazos para os traballadores dos comercios “co obxectivo de darlle visibilidade á causa e axudar a combater a enfermidade”. Os negocios adheridos a esta campaña lucirán globos verdes, que lles foron entregados por AciaFozCCa.

AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz para a organización destas actividades e campañas.

Exit mobile version