Antón Acevedo destacou que este complexo conta cunha unidade específica para doentes de Alzheimer
Antón Acevedo sinalou que este complexo conta tamén cunha unidade para doentes de Alzheimer que ofrece uns coidados específicos e que garante unha atención de calidade adaptada ás necesidades destes usuarios. Así mesmo, fixo fincapé en que estes recursos son fundamentais para mellorar a conciliación das familias.
Neste senso, o director xeral lembrou que a Xunta de Galicia conta con diferentes recursos e iniciativas que axudan aos maiores a ter un envellecemento activo e destinado a fomentar a súa actividade cognitiva e de prevención de demencias. Deste xeito, trasladou o compromiso do Executivo galego de seguir traballando no benestar das persoas maiores.