Antón Acevedo destacou que este complexo conta cunha unidade específica para doentes de Alzheimer
Mondoñedo, 7 de xaneiro de 2025. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou aos usuarios da residencia de maiores e do centro de día San Rafael en Mondoñedo. Durante a visita destacou as actividades e iniciativas que desenvolven en ambos recursos para potenciar o benestar dos maiores e impulsar o envellecemento activo.
Antón Acevedo sinalou que este complexo conta tamén cunha unidade para doentes de Alzheimer que ofrece uns coidados específicos e que garante unha atención de calidade adaptada ás necesidades destes usuarios. Así mesmo, fixo fincapé en que estes recursos son fundamentais para mellorar a conciliación das familias.
Neste senso, o director xeral lembrou que a Xunta de Galicia conta con diferentes recursos e iniciativas que axudan aos maiores a ter un envellecemento activo e destinado a fomentar a súa actividade cognitiva e de prevención de demencias. Deste xeito, trasladou o compromiso do Executivo galego de seguir traballando no benestar das persoas maiores.