No último ano, a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da dirección xeral de Inclusión Social, colaborou con Bumei a través dunha achega que superou os 340.00 euros e que permitiu o desenvolvemento de dous itinerarios de inclusión sociolaboral, así como distintas actividades de formación adaptada. En concreto, formación en competencias clave e alfabetización dixital dirixidas a persoas en situación de exclusión social. A entidade contan, ademais, cun programa complementario de apoio á conciliación da vida laboral e familiar.
O director xeral destacou que a oficina que hoxe se inaugura en Foz permitirá prestar unha atención integral e directa ás persoas e aos grupos de poboación máis vulnerables do municipio e da súa comarca. Os programas que se impartirán son itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral, tanto básica como de transición ao emprego, e estimase que beneficiarán a 300 persoas ao ano.
Arturo Parrado lembrou, ademais, que os gastos de alugueiro e de persoal desta nova sede son financiados pola Xunta a través das axudas destinadas ás entidades de iniciativa social de inclusión.