As actividades comezarán o venres coa xornada “Xosé Vizoso, debuxante eterno” no Pazo de San Marcos
O Pazo de San Marcos acollerá este venres – 24 de xaneiro, ás 17.00 horas – a xornada “Xóse Vizoso, debuxante eterno” que inclúe a proxección da curtametraxe documental “Xosé Vizoso e Sargadelos” dirixida por Aser Álvarez e un faladoiro coa participación de Antonio Reigosa, escritor e cronista oficial de Mondoñedo, Alberto Guitián, debuxante e membro do equipo organizador do Día da Ilustración, e Xosé Artiaga, pintor, gravador e artista multimedia.
O coloquio servirá de prólogo á inauguración o vindeiro mércores – 29 de xaneiro, ás 19.00 horas – da exposición “Universo Vizoso” comisariada por Aser Álvarez, unha escolma da súa obra ilustrador, deseñador, escultor, cartelista, pintor ou caricaturista coa provincia de Lugo como fío conductor, que poderá verse na Sala de Exposicíons do Pazo de San Marcos.