A concentración terá lugar o domingo 12 de xaneiro ás 12 horas diante do Centro de Saúde
A Mariña 6 de xaneiro de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña e o Concello de Ourol convocan unha concentración diante do Centro de Saúde o vindeiro domingo 12 de xaneiro ás 12horas pola grave situación que atravesa, xa que desde a ausencia do facultativo titular a cobertura médica, tan só determinados días, resulta insuficiente e non garante a axeitada atención sanitaria á veciñanza de Ourol.
Esta situación de falta de facultativos ven dándose desde hai moito tempo. Cada vez que o titular se ausenta por mor de vacacións, permisos ou baixas médicas desde o Sergas tomouse a decisión de non substituílo de xeito continuado, desplazando a profesionais algún día da semana durante unhas horas. Os días nos que non había unha persoa substituta as e os veciños de Ourol eran derivados ao centro de cabeceira en Viveiro, causándolles deste xeito numerosos prexuizos a unha poboación moi avellentada e moi dispersa que ten que desprazarse a un centro alonxado do seu territorio , sin dispoñer en moitos casos de medios propios para facelo.
Máis durante este mes de xaneiro a situación aínda se agravou máis, pois a ausencia do titular solo será cuberta cinco ou seis días ,quedando a poboación de Ourol sen médico o resto dos días do mes. Desde o Sergas tomouse a decisión de derivar aos pacientes ao centro de saúde de Muras, obrigando á veciñanza a desprazarse aínda máis lonxe e sobresaturando a este centro de saúde, con capacidade reducida e moi castigado tamén coa falta de persoal.
Desde este colectivo sanitario animamos a toda a poboación de Ourol e mesmo de toda a comarca da Mariña a que acudan á concentración pois a sanidade pública cada vez está a deteriorarse máis, sen que os responsables políticos da Xunta de Galicia, da consellería e do Sergas poñan freno a esta sangría que nos afecta a todas e que se traduce nunha atención sanitaria mermada, alonxada da poboación,e de peor calidade. A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro insiste en que o desmantelamento da Atención Primaria, ao igual que a hospitalaria, responde a unha estratexia perfectamente planificada de deterioro da sanidade pública co fin da privatización, proceso moi avanzado xa nestes anos e que nesta comarca acelerouse trala supresión da Área Sanitaria. Con estes movementos de derivación cara ao centro de saúde de Muras e cara ao HULA, no caso do hospital , estamos a “ comprobar na propia carne a falsidade das bondades da área única que tanto corearon os cargos políticos do Partido Popular da comarca en vez de defender a continuidade da nosa área sanitaria”.