Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia ribadense de Cubelas celebrou este sábado a súa festa na honra de San Vicente, con grande éxito de participación.

Houbo misa, sesión vermú, xantar, bingo, xogos, sorteos e sorpresas. A carón da veciñas e dos veciños, no pavillón polideportivo de Cubelas, estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo. O rexedor tivo palabras de agradecemento para a asociación organizadora polo traballo realizado.

Exit mobile version