Os feitos delituosos tiveron lugar ao redor das 20.00 horas do pasado día 27, cando a persoa investigada realizou un grafiti na fachada dun inmoble situado no termo municipal de Ribadeo. No momento da identificación da persoa investigada fóronlle intervidos dous botes de pintura en aerosol das mesmos cores que os utilizados para a confección do grafiti, obsérvandose ademais restos de pintura nas mans. Está pendente a valoración dos danos no inmoble. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.