Os feitos tiveron lugar o pasado día de Reis cando un técnico estacionou unha ambulancia no aparcadoiro habilitado no hospital da Mariña, deixando na consola do vehículo a súa carteira particular, mentres accedía ao centro médico cun paciente. Tras regresar observou que lle faltaba a carteira do interior da furgoneta, atopándose a ambulancia coas portas pechadas, pero sen chave. Iniciouse unha investigación policial, dando como resultado a imputación en calidade de investigado do presunto autor da subtracción. As dilixencias policiais foron remitidasá Autoridade Xudicial.