O operativo policial iniciouse o pasado sábado cando, tras levar a cabo a identificación do presunto autor por unha requisitoria xudicial en vigor de detención, comparecencia e ingreso en centro penal por un delito polo que fora condenado con anterioridade, procedeuse á aprehensión duns 200 gramos de suposta cocaína, uns 700 gramos de suposto haxix, unha báscula de precisión e uns plásticos utilizados para a confección de envoltorios para distribución e venda polo miúdo de substancias estupefacientes. As dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo e a persoa detida ingresou no centro penal de Bonxe.