Ambas explicaron que “se trata dunha exposición itinerante que percorrerá os centros de ensino que teñen alumnado de ESO. Son 14 roll ups con contidos sobre as pantallas e a saúde física e mental, as redes sociais, xogos de azar, etc. Acompáñase cun caderniño para cada alumn@, no que se tratan máis profundamente os temas antes mencionados, de maneira clara e sinxela, con consellos e exercicios”.
E indicaron que “esta mostra ten como finalidade apoiar os coñecementos adquiridos polo alumnado nos obradoiros organizados polo CIM e desenvolvidos o pasado mes de novembro (Conectad@s da Asociación Aliad Uteria e Obradoiro de Ciberseguridade impartido por Mª José Garrido)”.
As autoras deste programa son as doutoras en psicoloxía e expertas en adiccións comportamentais Dominica Díez e Nuria Aragay.
Comezou onte, venres, no colexio Sagrado Corazón, onde permanecerá durante dúas semanas.