O propósito da compañía é achegar o campo á cidade a través dun turismo responsable e con impacto e que se mantén intacto a través dos aloxamentos que forman a familia Ruralka.
Os Premios Ruralka este ano contan co apoio de Repsol, partner enerxético da compañía, que aposta por un servizo de primeira calidade e necesario en solucións enerxéticas.
Ruralka tamén quere premiar ás empresas que contribúen e apostan por dar voz ás súas iniciativas conseguindo chegar a un maior público de calidade, amplificando a mensaxe dun turismo con impacto.
Estes galardóns son: premio á mellor iniciativa, premio polos seus valores, premio ao
compromiso, premio á categoría mototurismo e premio á confianza.
No caso da Casona de Labrada, de A Pontenova, opta ao mellor Hotel Rural 2024.
En palabras de Rafael Ausejo, fundador e CEO de Ruralka, “Otro año más nos juntamos para celebrar la buena salud del Turismo Rural y premiar a los mejores alojamientos que con su esfuerzo y empeño lideran y trabajan cada día por una nueva manera de hacer turismo. Sólo a través de ellos nacen nuestros viajes con alma”.
Nestes vinte e tres anos, RURALKA converteuse en algo máis que unha cadea de hoteis. Día a día, propoñen aos viaxeiros seguir descubrindo os mellores aloxamentos, os recunchos máis belos, os mellores roteiros en moto e diferentes experiencias a gozar neses espazos, todo iso baixo o seu propósito de que un turismo responsable e consciente é posible.