Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Esperanza valora positivamente as actividades desenvoltas en 2024 e prepara un evento con motivo do Día Mundial de loita contra o cancro

Burela,15 de xaneiro de 2024. A Asociación de Loita contra o Cancro Esperanza considera como moi positivas as actividades que desenvolveu en 2024 de cara á concienciación da sociedade para sumar esforzos no avance da investigación das orixes, prevención, diagnose e tratamento do cancro, así como na axuda ás persoas efermas e familias afectadas.

Esperanza destaca sobre de todo as donacións feitas en 2024 a cinco entidades implicadas en todo o proceso citado. Foron un total de 8.500,00 euros donados ao Centro Oncolóxico de Galicia, Somos Unidos polo Cancro, GEICAM, Laboratorio de Nanoproteómica e CNIO.

Ademais, o colectivo organizou outras actividades de sensibilización, como a III terceira xornada dirixida a escolares de sexto de Primaria de Burela, ou a instalación de mesas informativas (por exemplo, polo Día Mundial do cancro de mama); e sen esquecer a colaboración de Esperanza noutras actividades organizadas polo Concello de Burela ou outras entidades.

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Como é ben sabido, o 4 de febreiro está fixado como Día Muncial contra o cancro. Se xa o ano pasado Esperanza organizara un evento ao respecto de cara á sensibilización da veciñanza, este ano ano o colectivo está a definir os últimos detalles para a celebración doutro evento con tal motivo. Cando este acto, que contará coa colaboración de varias entidades, esteña pechado será presentado públicamente para xeral coñecemento da veciñanza.

Esperanza confía en que o mesmo teña moi boa acollida entre a ciudadanía e que contribúa, sobre de todo, a ampliar a sensibilidade e concienciación da necesidade de que toda a sociedade participe na erradicación, dou cando menos minorización dos seus efectos, dunha enfermidade tan dura como o cancro.

Exit mobile version