Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro agradece “a implicación do Conservatorio e os veciños na recollida de 6.676 sinaturas para que a Xunta asuma as súas competencias no centro”

Viveiro, 29 de xaneiro de 2025. A recollida de firmas impulsada polo Conservatorio Profesional de Música de Viveiro para solicitar á Xunta de Galicia que asuma os seus gastos leva xa 6.676 sinaturas de veciños e veciñas do municipio dende finais de novembro.

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, amosa o seu apoio a esta iniciativa e agradece “a implicación do propio conservatorio, veciños e vecñas”.

“Non se pide nada máis que que a Xunta asuma as súas competencias, xa que se trata dun ensino reglado e autonómico; é unha reivindicación xusta”. “Non ten sentido que sexa o Concello quen teña que facer fronte a todos os gastos”, engade.

Pola súa parte, o concelleiro encargado do Conservatorio, Jesús Fernández, destaca que “a recollida de sinaturas demostra o que moito que importa aos veciños este centro, que fai unha gran traballo educativo”, agradecendo tamén a implicación “da asociación de adultos e das ANPA”.

Exit mobile version