A alcaldesa destacou a importancia de continuar co apoio a este colectivo fundamental: “No Concello de Alfoz cremos firmemente na necesidade de coidar e valorar ás nosas persoas maiores. Este tipo de iniciativas son un pequeno exemplo do noso compromiso para que se sintan acompañadas e queridas”.
As persoas residentes, así como o persoal da Vivenda Comunitaria, agradeceron a visita e o detalle, que trouxo ledicia e sorrisos nunha data tan especial.
“Dende o Concello de Alfoz, aproveitamos para desexarlle a toda a veciñanza un bo comezo de ano e uns bos reis”.