O rexedor declarou: “quero facer unha valoración moi positiva da campaña do Nadal. Comezamos analizando as panchas, esas máis de 240.000 panchas que se venderon. Iso acredita que sigue incrementándose a nosa moeda local, segue chegando a moitos fogares esta axuda que nós creemos que é importante. Polo tanto, vamos seguir investindo nos próximos anos”. E aludiu a “estes 85.000 euros cos que incrementamos a partida presupostaria, dado que a Xunta axudounos con 20.000 euros, creo que ese reforzo económico tamén supuxo un incremento na venta das panchas. Son datos relevantes e positivos. Comezar en setembro, eu creo que é importante, porque é unha axuda a moitas familias no inicio do curso escolar, entón iso vamos volver a repetilo e vamos seguir con esta cantidade de 85.000 euros, que é unha inversión que ten dúas vías: unha axuda directa a moitas familias e tamén aos comercios, nesa xuda a toda unha estrutura comercial que ten Ribadeo”.
Vega referiuse á grande acollida que tivo a pista de xeo: “Ribadeo tamén se converteu nun epicentro do Nadal, dado que Ribadeo tiña moitas actividades, dato tamén significativo polo incremento e tamén positivo. Se este ano tiñamos a pista de xeo, a ela acudiron 6.450 persoas. Ese é un dato moi importante. No 2023 acudiron 5.040. Creo que a pista de xeo é un efecto chamada a moitas persoas que desde Santander á Coruña viñeron a Ribadeo. Isto son os datos que nos pasan e son moi importantes. Creo que hai que seguir nesta liña de activar a vida comercial de Ribadeo. Hai que axudar a que a xente veña a Ribadeo e iso supón un reforzo a toda unha estrutura económica”.
O alcalde lembrou que “tivemos moitas actividades este Nadal: Ribaxogo, pista de xeo, chan interactivo, tamén eses obradoiros que se facían para todas as idades, para todos os nenos e tamén ese abanico de posibilidades culturais, lúdicas, musicais que houbo en Ribadeo, desde o jazz, que felicitamos á organización, tamén á Coral Polifónica, ao Coro Sagrado Corazón, todos os seus concertos, desde as panxoliñas ata o fin de semana pasado, que nos deleitaban con ese concerto conxuntamente con Manoele de Felisa, creo que todo foi un éxito. E tamén os concertos que se fixeron tanto o Xara Fest, deste fin de semana, ou o Vendaval, que organizaba ese pre fin de ano coas uvas, convocándonos a todos os veciños de Ribadeo”.
Para Dani Vega “así se deben facer as cousas, conxuntamente, a sociedade, o Concello, os colectivos, todos xuntos traballando para que Ribadeo siga avanzando. Este Nadal hai uns datos positivos, hai un bo dato económico para axudar á estrutura económica e comercial de Ribadeo e seguir nesta liña eu creo que é moi positivo”.