A temática elixida para este 2025 son paisaxes do municipio pouco coñecidos. Panorámicas singulares ou recunchos de gran beleza pertencentes ás oito parroquias de Xove, que son pouco coñecidas polo público en xeral, e mesmo, en moitas ocasións, tamén pola propia veciñanza. O almanaque complétase cunha felicitación de nadal do alcalde e da corporación municipal do Concello de Xove, ademais dunha ampla listaxe con teléfonos de servizos de interese para a poboación.
