Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se poden presentar ofertas para alugar o edificio municipal do Parque Pernas Peón de Viveiro

O prazo ficará aberto ata o día 20 de xaneiro

Viveiro, 23 de decembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro anuncia que xa se poden presentar ofertas para alugar o edificio municipal situado no Parque Pernas Peón, en Covas.

Xa está aberto, ata o día 20 de xaneiro, o prazo de presentación de ofertas para o contrato de arrendamento. O expediente, identificado co número 8353/2024, está dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público.

A tenenta de alcaldesa e concelleira de Parques, Miriam Bermúdez, sinala que “esta licitación se enmarca dentro do compromiso da Tenencia de Alcaldía de revitalizar o Parque Pernas Peón”.

“Queremos destacar a gran oportunidade que supón alugar este edificio para dinamizar a zona e promover un uso sostible e rendible do mesmo, ao mesmo tempo que se garante a súa conservación”, engade.

O inmoble, clasificado como ben patrimonial, está destinado ao uso como restaurante, bar ou cafetería, segundo as actividades permitidas pola normativa vixente.

As persoas interesadas poden consultar os requisitos e condicións a través deste enlace: https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b1/jc65DoJAEIDhJyIze7BCidwEBUVQtiFbGIPhaIzP72JoXZxuku_PDEhoLcKJQygyl8MN5KTe_UO9-nlSw7JL0fGw8P0ooehULECaB3UtkmWlGrQGEFNjH9trbzOfN1lTiiqNEdMkCvKa2DoX__X4Yzzc6q8gzYSuwPTiFxh-OCbzeIdWs13nNeHJS12Gxf6sD2Xl4VLGlCByuEAbbCmxqBBGOUSRmz65stQHCB9yzQ!!/

Poderase solicitar unha visita poñéndose en contacto co Concello de Viveiro no teléfono 982 560 128. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Contratación do Concello.

Duración e importe do contrato

A duración do contrato de arrendamento establécese en 15 anos, computados desde a súa formalización. Non obstante, no caso de solicitar un período de carencia para a execución das obras de adecuación, este non computará dentro do prazo total do contrato.

O importe mínimo de licitación mensual será de 883,62 euros, IVA excluído. Con IVA incluído, o importe ascende a 1.069,18 euros. As ofertas económicas poderán mellorar este importe ao alza.

Obras de accesibilidade

O Concello prevé a realización de obras para mellorar a accesibilidade da edificación. Estas poderán executarse segundo o proxecto elaborado por Kenda Urbanismo Enxeñaría e Territorio S.L. en marzo de 2024, cun orzamento de execución material de 45.730,86 euros, ou mediante outra solución técnica viable desde un punto de vista urbanístico.

O importe destas obras, ata o límite mencionado, descontarase das mensualidades que o adxudicatario deba aboar ao Concello. Este desconto realizarase previa presentación da factura e xustificante de pagamento pola empresa que execute as obras, garantindo así que o investimento non supón un impacto financeiro adicional para o adxudicatario.

Detalles do inmoble

O edificio municipal, localizado en Covas e identificado coa referencia catastral 2962301PJ1326S0001SX, conta cunha superficie útil total de 157 m2.
Zona dedicada a bar: 55,00 m2
Zona comedor: 47,00 m2
Zona de cociña: 18,00 m2
Aseos: 7,00 m2
Almacén en planta baixa: 30,00 m2
Terraza: 163,00 m2

Exit mobile version