Para o premio Conde Santo á mellor representación (750 euros e trofeo) os elixidos son: Heroínas cotiás, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); O traballo de Andrea, de Ollomao (Barreiros); e As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi, de Avelaíña (Pontevedra)
En canto ao premio Lourenzo ao mellor actor (trofeo): Juan Villarino, de Pico do Castro (Foz); Benito do Condadés, de Ollomao (Barreiros) e Xabier Fernández, de Avelaíña (Pontevedra)
Para o premio Ana á mellor actriz (trofeo): Andrea María López, de Candelas (Portas); Chus García, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); e Miriam Bouso, de Ollomao (Barreiros)
En canto ao premio ao mellor actor de reparto (trofeo): José Ramón Villarino, de Pico do Castro (Foz); Antón de la Fuente, de O Catre (As Pontes); e Tino de Marchante, de Ollomao (Barreiros).
Para o premio á mellor actriz de reparto (trofeo): Dulce García, de Candelas (Portas); Iria Rey, de O Catre (As Pontes); e Lucía de Remourelle, de Ollomao (Barreiros).
En canto ao premio á mellor posta en escena (trofeo): Paripé, o cabaré!, de O Catre (As Pontes); Heroínas cotiás, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); e
O traballo de Andrea, de Ollomao (Barreiros).
E para o premio especial do público (trofeo): O traballo de Andrea, de Ollomao (Barreiros); As cousas pasan, de AT Coles (Coles); As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi, de Avelaíña (Pontevedra).
Os premios serán entregados na gala que se celebrará o sábado 21 de decembro ás 20:00 horas no multiusos Ponte de Cuñas, evento no que presentará e actuará o coñecido actor Avelino González.