A través desta acción, Viaqua doou unha importante cantidade de xoguetes que serán distribuídos entre os menores de ata 12 anos de familias en situación de vulnerabilidade. A entrega destes xoguetes realízase en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Viveiro, que se encargan de xestionar a distribución entre as familias.
“A doazón de Viaqua é unha iniciativa moi importante para moitas familias de Viveiro, especialmente nestas datas tan especiais. Agradecemos á empresa o seu compromiso solidario, facendo máis felices aos nosos nenos durante estas festas”, destaca María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.