Foz, 29 Decembro, 2024. Foi trasladada en ambulancia ao Hospital da Costa. No vehículo tamén viaxaba un menor, que resultou ileso.
Contra as 15:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia e alertou da saída de vía dun turismo no quilómetro 39 da N-642, na parroquia focense de Cangas. O vehículo acabou chocando contra un farol.
Cando chegaron ao lugar, os efectivos do GES de Cervo confirmaron que a condutora non conseguía saír ao exterior. Así, colaboraron cos Bombeiros de Barreiros para liberala, logo do que sería evacuada ao hospital polos profesionais sanitarios.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Barreiros, o GES de Cervo, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil de Foz e os servizos de mantemento da estrada.