Burela, 20 de decembro de 2024. Ibrahima, que reside no centro Casa de Familia de Burela desde marzo de 2023, será un dos vinte mozos e mozas galegos (e o único procedente dun centro educativo da provincia de Lugo) que recibirán o Premio de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondente ao curso 2023-2024, como alumno do IES Perdouro de Burela.
O acto de entrega destes galardóns da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional terá lugar este sábado, 21 de decembro, ás dez da mañá no Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Trátase da terceira vez que un mozo acollido en San Aníbal recibe este recoñecemento polo esforzo e a dedicación mostrados á hora de sacar adiante os seus estudos, o que supón unha enorme satisfacción para todo o equipo de profesionais dos centros das Fillas do Divino Celo-Rogacionistas en A Mariña.