Site icon Crónica3.com A Mariña

Tomé clausura en Lugo as III Xornadas de Vacún de Carne centradas na xestión das explotacións

José Tomé Roca pechou no Torre de Núñez esta cita que contou cunha achega de 15.000€ da Deputación e reflexionou sobre a situación epidemiolóxica da enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) e sobre as perspectivas do mercado de carne de vaca

Lugo, 3 de decembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, clausurou este martes en Lugo as III Xornadas de Vacún de Carne centradas na xestión das explotacións. A cita, que se celebrou no Torre de Núñez e na que participaron uns 300 gandeiros e gandeiras da provincia, contou cunha achega de 15.000€ da institución provincial e reflexionou sobre a situación epidemiolóxica da enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) e sobre as perspectivas do mercado de carne de vaca.

“Temos que respaldar ao noso rural. Témolo que facer por responsabilidade económica, pola súa achega ao PIB galego e pola súa capacidade para xerar emprego de calidade”, destacou o mandatario provincial, quen puxo en valor que a provincia de Lugo sexa a primeira produtora de carne, leite e madeira do país e das primeiras no sector da pesca. “O sector primario é o noso músculo”, engadiu Tomé Roca.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, foi a encargada de inaugurar esta terceira edición das xornadas que organizou un ano máis a Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA grazas ao apoio económico da Deputación. Na liña do Presidente, García Porto destacou a importancia de apoiar a un sector “fundamental” para a economía, a imaxe e o equilibrio do territorio.

Xunto aos responsables provinciais, participaron tamén nestas xornadas o Secretario de Xeral de Unións Agrarias, Roberto García; e a Subdirectora Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Nieves Ansón, entre outras autoridades.

Exit mobile version